LugoPatrimonio :: Asociación Cultural
Luns, 08 Xuño 2009 08:01

Viaxe ao Baixo Miño e O Rosal

 

 6 de xuño: celebramos o viño coa Adega Terras Gauda, e a poesía cos poetas Ramón Cabanillas (“Diante dunha cunca de viño Espadeiro”) e Mª do Carme Kruckenberg (“A Santiago Ruiz”), e a gastronomía no restaurante Juan de O Rosal. A paisaxe, por estas terras fartas dos ríos Miño na súa foz, e o Tamuxe ou o Furnia a correr cara a súa entrega amorosa ao pai de todos eles que é o noso río maior, o Miño. Os monumentos atopámolos en Tui, tamén nós a correr polo tempo escaso e a choiva encarraxada, e despois na Guarda. Os nosos ollos ficaron convencidos co azul da altura, pegados xa nas penas que levan ao ceo: citania, cova e ermida de santa Trega, Museo pequeno e perfecto como as grandes obras, camiños de pedra, petroglifos... Que máis podiamos pedir neste día de comunicación e palabra?  O agasallo do canto e a danza populares dos mozos e mozas portugueses, comunión de sentimento, unha sorpresa grata. De volta para Lugo, as comadres e compadres protestábanlle ao goberno galego desde os paus da luz. Aquí tedes a mostra do que contamos:

 

20090606_Tui- A Guarda

22 de febreiro de 2009: Conferencia de D. Xosé Ramón Mariño Ferro: Festa e Rito no Entroido.

 

Mércores, 03 Xuño 2009 19:49

A Historia do Viño en Xosé Posada

 

O viño na relixión, desde Noé ao Cristianismo. Na etapa medieval e na moderna. O viño nas culturas diferentes. O Eros do Viño; na sáude tamén, e mesmo na pintura. E como non, no proceso desigual que deu lugar ao que hoxe, desde Galiza, mandamos aos mercados internacionais. O esforzo que supuxo e os perigos desa Europa da especulación. Xosé Posada fixo un emotivo e divertido repaso pola historia do Viño, e brindou ao final no verso do noso poeta máis profundo: Ramón Cabanillas.
 
 
Conferencia de Xosé Posada
 
Conferencia de Xosé Posada
Martes, 02 Xuño 2009 00:00

Condolencia de LugoPatrimonio


 
A Asociación
LugoPatrimonio lamenta o falecemento de don Amador López Valcárcel, cóengo arquiveiro da catedral, que con humildade e discreción dedicou parte da súa vida a estudar e divulgar a historia eclesiástica da diocese, sendo coautor con don Antonio García Conde do “Episcopologio Lucense”, facendo un inventario do seu patrimonio moble con fotografías das pezas máis destacadas co fin de evitar o seu espolio e poder localizalas en caso de roubo ou desaparición.

LugoPatrimonio tiña intención, e así llo fixo saber no seu momento, de recompilar todos os seus artigos nunha publicación, como homenaxe ao seu labor desenvolvido no ámbito do patrimonio histórico artístico da diocese de Lugo, empeño no que seguirá a traballar como unha lembranza póstuma.

 

Lugo, 2 de xuño do 2009

LugoPatrimonio

Inauguración do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos (xornadas de primavera).

Conferencia de Felipe-Senén López Gómez.

 

Venres, 29 Mai 2009 10:42

Conferencia de Xosé Posada

 

Xosé Posadda O enólogo, (entre outras moitas profisións) Xosé Posada, introdúcenos na súa conferencia sobre a Historia do viño, noutro capítulo dos xa iniciados nesta xeira que nos leva polos camiños do viño e a poesía. Filosofía e culturas arredor da uva, da cepa e da mesa, do idioma tamén, o noso, a través dos poetas que inmortalizaron o canto galego e esa forma de ver e sentir nosa, propia, para comprender, así, as outras: Ramón Cabanilla co seu poema Diante dunha cunca de viño espadeiro, e Mª do Carme Kruckenberg, co seu Viño.  

Na viaxe posterior á conferencia, andaremos polas terras do Rosal, Tui (cidade e catedral) e, A Guarda (monte Santa Tegra e museo),  e aprezaremos os viños mimados da adega Terras Gauda. O xantar agárdanos no Restaurante Juan- Tabagón- O Rosal.

(A concreción da conferencia e viaxe tédela na AXENDA)

Venres, 29 Mai 2009 10:38

Xosé Posada González

(Vigo, 1940). Enxeñeiro Técnico en Química Industrial. Enólogo.

Secretario Perpetuo da “Irmandade dos vinhos galegos”.

Presidente do Consello de Administración “Marrón Glacé, S.L:”

Membro de Honra de AGAL (Associaçom Galega da Língua).

Membro dos “Amigos da cozinha galega”

Foi Deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega (1993-1994).

Autor, entre outras obras, de “Os viños de Galicia” (1978), “Metafísica do viño” (2001), “Manual de los vinos y aguardientes de Galicia” (Madrid, 1981).

Colaborador das revistas “Bouquet”, “Sobremesa”, “Guía de Bodegas de España”

 

O pasado 18 de Maio, Día Internacional dos Museos, dedicado polo ICOM nesta ocasión a MUSEOS E O TURISMO, a Directiva de Amigos dos Museos de Galicia fixo público o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2009, salvagarda do Patrimonio Cultural de Galicia. Nesta ocasión decidiuse que o galardón, dotado coa cantidade de 3.000 euros e o apadriñamento dos Amigos dos Museos, recaese sobre a ASOCIACIÓN DE VICIÑOS DE SALCEDO, Pobra do Brollón, Lugo, pola recuperación do seu enxebre Entroido e fundamentalmente polo símbolo primaveral e fecundativo do Oso, que sae do seu letargo invernal, das tebras das covas, invadindo, enchendo de son de chocas e trastocando a orde rutinaria da aldea. Axudado dos seus criados, acomete e emborrea de farelo e cinza a aqueles vicios que se meten no seu paso. Tradición común a moitos outros pobos montañeses de Europa, si ben o Oso de Salcedo foi obxecto de variados estudios e tema en congresos internacionais.

O acto de entregado premio farase nunha data a determinar, en verau, e na mesma Aldea de Salcedo, cun xantar e festa enxebre.

Máis información na páxina dos AMIGOS dos MUSEOS de GALICIA.

O profesor e escritor Antón Fortes, introduce o tema “O viño na poesía”, no ciclo que LugoPatrimonio está desenvolvendo nestes meses. Mediante proxeccións fotográficas, fai unha panorámica da visión que as poetas e os poetas teñen sobre este licor das alegrías certamente moi cantado. Realiza, ao mesmo tempo, un canto ao idioma galego que neste momentos está sendo tan perseguido.

Martes, 19 Mai 2009 23:05

Antón Fortes Torres

 

Antón FortesAntón Fortes Torres (Sarria, 1957). Estudou filoloxía galega, portuguesa, hispánica e románica na Universidade de Santiago de Compostela; completando estudos nas Universidades de Montpellier, Coimbra e Lisboa. Actualmente exerce como catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES Sanxillao de Lugo.

Ten publicados varios libros de poesía nos que arrandea entre a temática homoerótica e a social: Figuras masculinas de meio-corpo (Espiral Maior, Premio Legais 2001), Sexto Fetiche (Edición de autor, 2001)e Gris Cinza (eDixital, 2009).

Despois de reinterpretar en Caderno de animalista (OQO Editora, 2008), con humor e ironía, obras xeniais da pintura dos dous últimos séculos, cambia de rexistro con Fume (OQO Editora, 2008), onde aborda a vida dos cativos nos campos de exterminio nazi.

Fixo tamén as traducións dos traballos de Ricardo Lísias, Cobertor de estrelas; e de Svjetlan JunakovicGran libro dos retratos de animais, entre outros.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO